Cara a folga feminista

se paramos todas, paramos todo

Temos moitas razóns para facer folga:

Z

Rorque non queremos que haxa nin unha menos.

Z

Porque o noso traballo de coidados non se valora nin se visibiliza.

Z

Porque non temos igualdade no emprego.

Z

Porque os nosos corpos seguen a ser mercantilizados.

Z

Porque a nosa sexualidade está colonizada.

Z

Porque queremos decidir por nós mesmas ser nais e non selo.

Z

Porque somos insumisas ao sistema patriarcal.

Z

Porque non nos deixades parar.

Z

Para visibilizar que sen nós o mundo para.

Folga Feminista

Vimos de lonxe, temos unha longa historia feminista, e un percorrido de moitos 8 de marzo tomando a rúa, a praza, a palabra co propósito de subverter a orde do mundo e o discurso heteropatriarcal, racista e neoliberal.

No 2018 queremos chegar máis lonxe e visualizar cunha folga máis ampla da de 2017 a nosa forza, a nosa rabia e dor e á vez a alegría compartida de sabermonos fortes. Queremos que ninguén poida mirar a outro lado fronte ás nosas propostas e a nosa centralidade no mundo.

Todas as novas sobre a Folga Feminista

[A Coruña] 3ª Xuntanza Aberta Preparación do #8M 2018

[A Coruňa] O vindeiro xoves 25 de xaneiro o Movemento Feminista da Coruña seguimos traballando na preparación do 8M, Día Internacional das Mulleres, camiňo á consolidación da Folga Feminista Internacional. Porque as Violencias Machistas son o reflexo e consecuencia de...

ler máis

Facemos folga porque nos queremos libres e vivas

O feminismo galego xúntase á convocatoria de folga laboral e folga de coidados e consumo proposta por varios colectivos, grupos de mulleres e feministas de multitude de ámbitos e territorios. Por iso animamos a secundar a Folga Feminista:...

ler máis

Cara a Folga Feminista

O Movemento Feminista na súa totalidade fai pública a convocatoria oficial de FOLGA XERAL FEMINISTA para o próximo 8 de Marzo. Esta iniciativa súmase á campaña pola Folga Internacional de Mulleres realizada polas feministas en distintos países do mundo. Facemos un...

ler máis

Queres preguntar algo?

2 + 15 =

Share This