Xúntate para defender os nosos dereitos!

feminismo galego

No pasado día 21 de xaneiro xuntámonos en Compostela diferentes organizacións respostando ao chamado aberto feito para a organización conxunta do 8 de marzo. Nesta xuntanza aberta tendo en conta o alí comentado e as mensaxes recibidas chegamos aos seguintes acordos:

– Achamos importante confluír e a nosa forza está na capacidade para loitarmos xuntas. De aí a importancia de que o chamado á manifestación do 8 de marzo sexa amplo e unitario.

– Manter a convocatoria unitaria neste ano 2017 e ampliar o número de organizacións e colectivos que se unan no apoio a este chamado. Para isto convocase a una nova xuntanza aberta no día 11 de febreiro ás 11:00 no espazo Matadoiro en Compostela.

– O lema da manifestación será: ‘Feminismo para avanzar, xuntas nunha mesma loita’. A manifestación terá lugar o 5 de marzo en Compostela.

Reiteramos este chamado aberto a apoiar e participar desta convocatoria unitaria na que as mulheres feministas galegas sairemos de novo xuntas á rúa.

Se ti ou a túa organización concordades con todo o exposto e queredes adherir e apoiar só tes que premer e encher o formulario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

*